Silleda oferta o servizo de conciliación nos centros educativos públicos a primeira hora da mañá
Madruga no cole levarase a cabo no caso de xuntar un mínimo de 20 inscricións nos centros de Silleda e da Bandeira, con opción de almorzar ou non no propio colexio
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, a través das Concellerías de Educación e Igualdade, que dirixe Ángela Troitiño, vén de crear un novo servizo para facilitar a conciliación das familias silledenses. Este sevizo ofrece un recurso para o coidado das persoas menores antes da súa entrada polas mañás nos dous centros educativos públicos do municipio: o CEIP de Silleda e o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira.

En ámbolos dous centros o servizo dará comezo ás 7:50 horas, con opción de almorzar no propio colexio, ou non, podendo levar tamén cada neno/a o seu propio almorzo Para que o servizo se poida levar a cabo requírse un mínimo de 20 inscricións por centro.
O custo dos servizos para as familias usuarias será de 30 euros por neno ao mes. O prezo do almorzó establecese de xeito diario, con 0,50 euros por día. As inscricións para poder facer uso deste servizo, que viña sendo moi demandado por colectivos como a ANPA do CEIP de Silleda, deben realizarse no Rexisto Municipal (en horario de 9:00 a 14:00 horas) ou a través da Sede Electrónica do Concello de Silleda.
O prazo de inscrición remata o vindeiro 14 de outubro. As persoas que desexen recibir máis información poden contactar ca Concellaría de Educación a través do teléfono 986 592 037.








Comentarios