Silleda mellorará o viario entre os lugares de Camporrapado e A Revolta, en Cortegada
- Laura Moure

- hace 58 minutos
- 2 min de lectura
A alcaldesa, Paula Fernández, mantivo un encontro cos veciños e veciñas na carballeira de Camporrapado para explicar unha actuación que xa está en fase de licitación
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda continúa avanzando na mellora da rede viaria municipal no rural coa licitación dun novo proxecto de mellora de camiños municipais neste caso na parroquia de Cortegada, cunha unha actuación que inclúe intervencións nos viais de Camporrapado-A Revolta, na parroquia de Cortegada.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, e membros do goberno municipal mantiveron esta semana unha reunión coa veciñanza da zona na carballeira de Camporrapado para informar directamente do contido do proxecto, explicar as actuacións previstas e resolver dúbidas sobre unha obra que se atopa xa en fase de licitación.
No caso de Cortegada, o proxecto contempla a mellora dos viais municipais que comunican a contorna de Camporrapado e A Revolta, uns camiños que presentan deterioro na capa de rodadura e deficiencias puntuais no drenaxe. A actuación permitirá reforzar a seguridade, a comodidade e a funcionalidade destes accesos, moi empregados tanto pola veciñanza como por vehículos vinculados á actividade agrogandeira e ás parcelas agrícolas e forestais da zona.
PUBLICIDADE
Os traballos previstos inclúen a renovación da capa de rodadura con aglomerado asfáltico en quente, a limpeza e mellora das cunetas para favorecer a evacuación das augas pluviais e a execución dun tramo en formigón armado no ramal da Revolta, onde se proxecta a demolición do firme existente e a preparación da explanada para o posterior formigonado.
A alcaldesa, Paula Fernández, destacou que “esta é unha actuación moi necesaria para Cortegada, porque falamos de camiños que dan servizo diario á veciñanza e tamén ás explotacións e actividades do rural”. Fernández explicou que o encontro coa veciñanza “responde á vontade do goberno municipal de informar con transparencia, escoitar as achegas dos veciños e veciñas e acompañar de preto a tramitación dos proxectos que afectan ás parroquias”.
PUBLICIDADE
A rexedora engadiu que “a mellora da rede viaria rural é unha prioridade para o Concello de Silleda, porque ter camiños en bo estado significa máis seguridade, mellores comunicacións e máis calidade de vida para quen vive e traballa nas parroquias”. Neste sentido, lembrou que o proxecto forma parte dunha planificación municipal para seguir actuando nos distintos puntos do termo municipal onde se detectan necesidades de conservación e mellora.
O prazo de execución previsto para esta obra é de dous meses unha vez iniciados os traballos.








Comentarios