top of page

Silleda mellorará o sistema de calefacción con aerotermia no auditorio Manuel Dopazo

O cambio dunha das bombas realizarase con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda renovará o sistema de climatización nas instalacións do auditorio municipal Manuel Dopazo, sito na localidade de Bandeira. En concreto a actuación suporá a adquisición dun novo equipo de aerotermia que da servizo ás aulas anexas ao auditorio, onde se atopa un dos dous centros da Escola de Música Municipal.

O centro conta con dúas bombas de calor, unha para as aulas e outra que dá servizo ao auditorio. A día de hoxe é preciso renovar a unidade que aporta calor ao aulario, polo que dende o Concello de Silleda se acomete esta intervención, tendo en conta ademais o gran número de persoas usuarias a diario neste centro.


Así, o investimento acometerase a través dos fondos que lle corresponden ao Concello de Silleda a través do Fondo de Compensación Ambiental, pola existencia no termo municipal de instalacións como parques eólicos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Con este novo sistema de calefacción buscase unha solución de climatización completa, que mellore a eficiencia enerxética desta instalación muncipal e que garanta un rendemento superior, sendo ademais un dispositivo sostible. A implantación deste sistema baseado en enerxía aerotérmica responde a unha estratexia de mellora da eficiencia enerxética e de fomento do uso sustentable das enerxías renovables. Esta actuación é fundamental para optimizar o consumo enerxético, reducir a pegada de carbono e contribuír á protección do medio ambiente e do espazo natural.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O investimento previsto supera os 12.000 euros. “Con esta dotación, ademais de mellorar as condicións nas que se imparten as clases neste centro da Escola de Música Municipal tamén se proporcina aforro, máis redemento e se reducen as emisións de CO2”, engade a alcaldesa, Paula Fernández. Dende o Concello de Silleda xa se veñen de iniciar os trámites para a contratación deste subministro.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page