top of page

Silleda loce A Bandeira Violeta: arte, luz e compromiso

Hoxe continúan os actos polo 8M

Laura Moure/Silleda

No marco das actividades organizadas ao longo da semana para celebrar o 8M, o Concello de Silleda desenvolveu onte A Bandeira Violeta, unha acción que combinou arte, simbolismo e espazo público para reivindicar a igualdade e o papel das mulleres na sociedade. Un acto simbólico que nace coa vontade de repetirse cada ano como un recordatorio visual do compromiso de Silleda coa igualdade.

foto

Pola mañá a alcaldesa, Paula Fernández Pena, e a concelleira de Igualdade, Ángela Troitiño, colocaron unha bandeira violeta na estatua da muller labrega, situada na entrada do casco urbano, como homenaxe ás mulleres do rural,cuxo traballo foi durante décadas esencial e invisibilizado. “Hoxe reivindicamos a forza das mulleres que fixeron posible o noso presente, aquelas que co seu traballo, moitas veces en silencio, sostiveron a vida e a comunidade. Colocar esta bandeira na estatua da muller labrega é recoñecer que sen elas, nada sería posible”, sinalou a alcaldesa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pola tarde, A Bandeira Violeta fíxose luz, coa iluminación especial da praza de A Bandeira, transformando o espazo nun símbolo da loita feminista. “Queremos que a igualdade non sexa só unha reivindicación, senón unha realidade que se vexa nos espazos públicos, nas políticas locais e na vida cotiá de todas e todos. Hoxe iluminamos a praza para que a mensaxe sexa clara: a loita feminista segue máis viva que nunca”, afirmou Ángela Troitiño.


Hoxe, As mulleres damos a nota

O acto enmárcase dentro dunha intensa programación que terá o seu acto central hoxe, sábado día 8 de marzo, ás 12:30 na Praza Juan Salgueiro de Silleda, onde terá lugar a sesión “As mulleres damos a nota”, unha celebración que poñerá o broche final a esta semana de actos. Durante o evento renderase homenaxe a María Fernández, María de Nicasio como Invisible 8M, as artistas participantes en “Pintando en Igualdade” compartirán os seus traballos e a xornada pecharase cun vermut pola igualdade amenizado pola música de A Señora DJ.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

E o domingo, ás 19:00 horas a través do programa Máis Escénicas terá lugar a representación da obra de teatro Bravas, con Isabel Risco, no auditorio Manuel Dopazo, con entrada libre.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page