top of page

Silleda investirá 145.000 euros nos viais principais de Área 33

1 jun 2024
2 min de lectura

O 80% do investimento será subvencionado a través das axudas de Economía e Industria á mellora de infraestruturas nos parques empresariais


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda acometerá a mellora dos viarios principais do parque empresarial Área 33, unha actuación cun invstimento previsto de 145.138,39 euros. Esta actuación levarase a cabo a través da subvención da Consellería de Economía e Industria para a habilitación e mellora de infraestruturas en parques empresariais, ca que se financiará o 80% da obra (con 119.982,71 euros).

Así pois, o Concello, que se presentou a esta liña de subvención  a través de un procedemento de Concurrencia Competitiva, acadou o porcentaxe máximo de axuda que

establecían as bases de dita orde. O 20% restante  do importe do proxecto foi  solicitado

polo Concello de Silleda á Deputación de Pontevedra, a través do Plan Máis Provincia.


Esta mellora das infraestructuras viarias do parque empresarial área 33, vén a resolver o deterioro da capa de rodadura  debido o envellecento das mezclas, as inclemencias

metereolóxicas e ao paso de vehículos pesados que soportan os viais de acceso e o vial

distribuidor do parque empresarial silledense.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis desta empresa.

Na obra a executar prevese a rehabilitación da calzada mediante  a dotación dunha nova

capa de rodadura  de asfalto en quente con previo fresado da capa existente. Ademáis

repintarase as marcas viais na zona de actuación, aumentando así a seguridade, eficacia e

comodidade na circulación.


Estas obras van a garantir o aumento de tránsito que se van producir no polígono trala

incorporación das novas industrias que están ocupando a segunda fase do mesmo. “Temos que ofrecer os mellores servizos para que esta segunda fase se colmate definitivamente” di a alcaldesa e responsable de Promoción Económica do Concello, Paula

Fernández Pena.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Esta era unha das demandas que lle foi trasladada ao goberno municipal pola Asociación de Empresarios do Polígono, e que se convertirá en realidade neste ano, xa que está previsto iniciarse o procedemento de contratación de forma anticipada, en espera da resolución da Deputación de Pontevedra. “A colaboración entre Administracións permítenos acadar resultados para atender as demandas que nos solicita a cidadanía, e esta obra é un exemplo de elo”, remarca a alcaldesa.


Con esta actuación, o Concello continúa mellorando esta área industrial de Silleda, onde nos últimos anos se levaron a cabo melloras como a dotación de nova iluminación, a creación dunha nova zona de estacionamento ou a creación do rueiro.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page