top of page

Silleda instala pictogramas nas dependencias municipais para reforzar a accesibilidade

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de completar a instalación dun sistema de pictogramas identificativos nas distintas dependencias municipais co obxectivo de facilitar a orientación dentro dos edificios públicos e facer máis comprensible a administración local para toda a cidadanía.

A medida enmárcase nas actuacións que o goberno local está a desenvolver en materia de accesibilidade universal, incorporando sinalización visual que permite identificar de maneira clara servizos e espazos municipais. O uso de pictogramas contribúe a reducir barreiras cognitivas e facilita a autonomía de persoas con dificultades de comprensión lectora, diversidade funcional ou menores de idade.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A alcaldesa, Paula Fernández Pena, sinala que “moitas veces damos por feito que todo o mundo entende a sinalización tradicional, e non sempre é así. Con estes pictogramas queremos que calquera persoa que entre no Concello saiba orientarse sen depender constantemente de pedir axuda”, engade.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

Fernández Pena lembra que esta actuación dá continuidade ao traballo iniciado coa

sinalización de pasos de peóns mediante pictogramas, unha iniciativa pensada especialmente para reforzar a educación viaria entre a poboación infantil e apoiar a

nenos e nenas con neurodiverxencias na aprendizaxe de rutinas seguras na vía

pública. “Nós entendemos a accesibilidade nun sentido amplo. Non é só eliminar barreiras

físicas; é tamén facer os espazos máis claros, máis comprensibles e máis amables

no día a día”, engade.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page