Silleda instala novos puntos de luz na rúa Víctor Fraiz Villanueva, na zona educativa e deportiva da Bandeira
- Laura Moure

- hace 12 horas
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de iniciar a instalación de novos puntos de iluminación pública na rúa Víctor Fraiz Villanueva, no entorno do CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, onde se localizan tamén o pavillón municipal de deportes e as piscinas municipais.

Esta nova dotación de iluminación enmárcase no traballo de Diagnose Urbana con Perspectiva de Xénero, promovido polo Concello de Silleda, que identifica a mellora da iluminación como un dos elementos clave para incrementar a seguridade, a accesibilidade e o benestar nos espazos públicos, especialmente en ámbitos educativos, deportivos e de tránsito habitual.
Publicidade
A actuación responde ás conclusións deste documento estratéxico, que analiza o uso dos espazos urbanos e formula propostas para avanzar cara a vilas máis inclusivas e seguras, tendo en conta as necesidades de todas as persoas e incorporando a mirada dos coidados ao deseño urbano.
Os traballos enmárcanse tamén dentro da liña de actuacións impulsadas polo goberno municipal para mellorar a calidade da iluminación pública e reforzar a percepción de seguridade en puntos estratéxicos do municipio.
Publicidade
A alcaldesa, Paula Fernández e a concelleira de Educación e Benestar, Ángela Troitiño, achegaronse ata o entorno do centro onde continuarán nos vindeiros días cos traballos, reforzando tamén os accesos ao pavillón e as piscinas. “Esta actuación supón un paso máis na aplicación práctica das conclusións da diagnose urbana, apostando por actuacións concretas que contribúan a crear contornas máis seguras, accesibles e confortables para a veciñanza, en especial en espazos de uso diario por parte de escolares, familias e persoas usuarias das instalacións deportivas”, apunta a rexedora.








Comentarios