top of page

Silleda inicia o curso de introdución á lingua e á cultura galegas con prazas aínda dispoñibles

20 oct
1 min de lectura

As persoas interesadas poden incorporarse contactando co Concello no 986 592 037 ou en info@silleda.gal


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda iniciou onte o Curso de introdución á lingua e á cultura galegas, unha acción formativa promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Secretaría Xeral da Lingua, en colaboración coa Administración municipal e no marco da Rede de Dinamización Lingüística.

O Concello lembra que aínda quedan prazas dispoñibles, polo que as persoas interesadas poden incorporarse ao curso contactando co Concello a través do teléfono 986 592 037 ou do correo electrónico info@silleda.gal

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A formación continuará mañá día 20, e os días 21, 22, 23, 26 e 27 de outubro e está dirixida a persoas maiores de 16 anos interesadas en iniciarse na aprendizaxe do galego e coñecer mellor a cultura e a realidade social de Galicia. Non se requiren coñecementos previos da lingua.


Durante as sesións traballaranse contidos básicos de expresión e comprensión oral e escrita, vocabulario e recursos para a comunicación cotiá, combinados con aspectos relacionados coa cultura, a historia, as tradicións, a gastronomía e a música galegas.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Esta iniciativa permite ademais ao Concello de Silleda seguir ampliando as accións do programa municipal Anduriña, centrado na alfabetización e na integración sociocultural, especialmente da poboación procedente doutros países.


Desde o Concello saliéntase a importancia deste tipo de propostas para facilitar a participación social e o coñecemento da contorna, ao tempo que se promove o uso do galego entre novos falantes.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page