top of page

Silleda inicia coa comunidade educativa a campaña polo 25-N centrada na prevención das relación tóxicas

Alumnado de 4º da ESO do IES Pintor Colmeiro participou onte na primeira sesión, coa

presenza da alcaldesa e da concelleira de Igualdade


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda iniciou onte a campaña de sensibilización contra a violencia de xénero entre a mocidade no marco do programa do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cunha sesión dirixida ao alumnado de 4º da ESO do IES Pintor Colmeiro.


A alcaldesa, Paula Fernández Pena, e a concelleira de Igualdade, Ángela Troitiño, asistiron ao encontro xunto as técnicas do Centro de Información á Muller (CIM), encargadas de impartir o obradoiro. A iniciativa, enmarcada na programación municipal polo 25-N, busca previr condutas de control e dependencia emocional nas relacións entre a mocidade, así como reflexionar sobre o impacto das novas tecnoloxías na aparición de relacións tóxicas.

ree

“É fundamental traballar coa mocidade para identificar comportamentos de control e celos que moitas veces se normalizan a través do uso das redes sociais ou das aplicacións de mensaxería. A igualdade e o respecto deben estar presentes nas comunicacións dixitais”, subliñou a alcaldesa Paula Fernández Pena.


A concelleira Ángela Troitiño destacou, pola súa banda, “a importancia de poñer o foco na educación afectivo-sexual e na prevención dende as aulas, fomentando relacións baseadas na confianza e no bo trato”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O programa do 25-N continuará esta semana con máis sesións no IES Pintor Colmeiro, -a quen as representantes municipais agradeceron a súa colaboración- así como con o encontro da concelleira palestina e experta en xénero Hanan Kaoud este xoves día 13.


Para a vindeira semana os actos centrais da semana do 25-N, que incluirán un acto colaborativo tamén arredor das relacións sanas e o uso responsable das tecnoloxías. Baixo o lema “Non estás soa”, o Concello reafirma o seu compromiso cunha educación en igualdade e cunha sociedade libre de violencias machistas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page