Silleda informa do programa Silleda Sostible a través dun teléfono gratuito
- Laura Moure

- 20 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Estanse a enviar aos domicilios folletos con información sobre a recollida de residuos
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda iniciou xa a campaña informativa sobre recollida de residuos, a través do servizo Silleda Sostible. Así, estánse a remitir a todos os domicilios folletos con información sobre que tipo de residuos depositar en cada colector, os servizos dispoñibles porta a porta e o novo número de teléfono gratuito de atención á veciñanza que é o 900 909 744.

Neste teléfono de atención cidadá, ademais de información e solicitudes para os servizos que se realizan porta a porta (recollida de enseres e voluminosos, papel cartón e as dúas campañas anuais de recollida de plásticos agrícolas), tamén se poden solicitar composteiros, no marco do programa Compóstate ben, para reciclar materia orgánica mediante a compostaxe doméstica.
En canto á información sobre o correcto depósito de residuos para a súa correcta reciclaxe, ademais dos colectores xa instalados (amarezo, azul, verde e o de vidro), o folleto xa avanza que tipo de residuos se poderán depositar no colector marrón, unhas novas unidades que chegarán proximamente aos cascos urbanos de Silleda e da Bandeira.







Comentarios