top of page

Silleda incorporará dúas persoas graduadas a través do programa Máis Emprega da Deputación

As través deste programa solicitarse unha persoa graduada en Ciencias Políticas e outra en Dereito


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de recibir a confirmación da concesión de dúas prazas a través do programa Máis Emprega da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa destinada a favorecer a inserción laboral de persoas mozas tituladas que acceden por primeira vez a un posto na Administración pública. As través deste programa solicitarse unha persoa graduada en Ciencias Políticas e outra en Dereito, que se incorporarán ao longo das vindeiras semanas para desenvolver o seu traballo durante un ano no Concello de Silleda, en áreas vinculadas á xestión pública, a igualdade e a dinamización institucional.

ree

O programa Máis Emprega ten como obxectivo fomentar a empregabilidade e ofrecer unha primeira experiencia profesional en entidades locais, promovendo o desenvolvemento de competencias, habilidades e valores asociados á función pública e á mellora da empregabilidade.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

A alcaldesa, Paula Fernández Pena, destacou “a importancia de programas como este, que permiten ofrecer oportunidades laborais á mocidade titulada e reforzar ao mesmo tempo o funcionamento diario da administración local”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A Deputación de Pontevedra subvenciona estes dous postos, mentres que o Concello de Silleda será o encargado de realizar o proceso de selección das persoas candidatas, que deberán cumprir os requisitos establecidos na convocatoria provincial. “O Concello leva anos participando neste programa, que está a ser unha excelente ponte entre a formación universitaria e a experiencia profesional real, ofrecendo ás persoas mozas unha primeira oportunidade nun entorno público”, engadiu Fernández Pena.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page