Silleda impulsa a inclusión dixital das persoas maiores co programa “Mellor Acompañad@”
- Laura Moure
- hace 2 días
- 1 Min. de lectura
Esta iniciativa da Fundación Amigos de Galicia promove a inclusión dos maiores no Emprego das TIC
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda, a través do Departamento de Benestar Social, coordina durante o mes de xullo o programa “Mellor Acompañad@”, unha iniciativa da Fundación Amigos de Galicia destinada a promover o uso das novas tecnoloxías entre as persoas maiores do municipio. As actividades terán lugar os mércores 2, 9, 16 e 23 de xullo, en horario de 10:00 a 12:30 horas, no Centro Social dos Maiores de Silleda.

Consiste nunha formación dirixida á independencia dixital das persoas maiores para levar a cabo as súas tarefas diarias de maneira autónoma. Os obradoiros contan cun simulador de caixeiro automático bancario e teléfono móvil para que, de forma práctica, os/as alumnos/as poidan experimentar unha aprendizaxe significativo e interiorizar as actividades propostas; tales como solicitar unha cita médica, gardar quenda no seu Concello ou Centro de saúde, sacar diñeiro no caixeiro, actualizar a súa cartilla ou manexar un teléfono móbil.
Publicidade
As inscricións poderán realizarse do 4 ao 20 de xuño no Departamento de Benestar Social na Casa do Concello (Rúa Progreso nº 41). Este programa enmárcase dentro da liña de actuacións para a promoción do emprego das TIC nas persoas maiores e conta coa organización da Fundación Amigos de Galicia.
Todas as persoas interesadas neste programa, poderán contactar co Departamento de Benestar Social mediante o 986 59 20 37.
Comments