Silleda firma dous convenios clave para garantir prazas de aparcamento no centro urbano de Bandeira
- Laura Moure
- 30 oct 2024
- 2 Min. de lectura
Estes acordos aseguran a cesión de dous solares situados na esquina entre a Rúa da Feira e a Rúa Louras
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda dá un paso decisivo para mellorar a dispoñibilidade de aparcamento e reformular o espazo público no centro urbano de Bandeira coa firma de dous convenios clave. Estes acordos aseguran a cesión de dous solares situados na esquina entre a Rúa da Feira e a Rúa Louras, garantindo así novas prazas de aparcamento que substitúen as retiradas no núcleo central donde se limita la circulación a residentes.

Os convenios, asinados con Urbanizacións do Deza, S.L. e D. Antonio Domínguez García, aseguran que estes espazos estarán dispoñibles para uso municipal de aparcamento “mantendo e mellorando a intensidad de estacionamento nesa zona” , engade a alcaldesa e responsable de Xestión Urbana, Paula Fernández.
Espazo para un skate park
Con estes dous novos acordos, o Concello consegue dispoñer para uso municipal de case toda a mazá formada pola rúa do Entroido, Rúa da Feira e Rúa Lourás, onde xa existía un solar cedido hai uns anos. Neste último espazo, está prevista a instalación dun skate park, con recursos propios, ampliando a oferta de lecer para a mocidade e consolidando un proxecto de revitalización urbana.
Publicidade
Ademais, o Concello, grazas ao convenio asinado fai xa un ano, coa familia titular do terreno coñecido como “Finca de Pichel”, facilitará o aparcamento na zona da Rúa Ramón de Valenzuela, unha zona moi concorrida pola proximidade a entidades bancarias, supermercados e cafeterías, o que vai mellorar o acceso e a mobilidade nesta área da vila.
Todas estas cesións completan unha inversión extraordinaria no centro urbano de Bandeira, “que non só reformula o espazo público para darlle maior protagonismo aos peóns, senón que tamén mellora as condicions para a celebración da feira os días 14 e 29 de cada mes, transformando a zona nun punto de referencia para o comercio e a actividade social”, explica Fernández Pena.
Publicidade
A alcaldesa de Silleda destaca ademais que “estes convenios son fundamentais para o desenvolvemento dunha nova estratexia urbana que beneficia tanto a mobilidade como á vida social e comercial de Bandeira, e agradece publicamente ás familias as cesións de todos estos espazos que van a permitir “desfrutar desta Bandeira renovada, na que as personas estarán sempre no centro”, destacando a colaboración público -privada para o crecemento das sociedades.
Commentaires