top of page

Silleda Fai celebrará a 2ª edición o 26 de setembro abrindo a participación a produtores de fóra

28 ago
2 min de lectura

O certame volverá apostar pola artesanía, a alimentación de proximidade e os produtos de elaboración propia


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda xa prepara a segunda edición de Silleda Fai, o certame nacido o pasado ano co obxectivo de dar visibilidade ao talento, á creatividade e ao traballo de produtores e artesáns. A nova cita celebrarase o sábado 26 de setembro e chegará cunha importante novidade: a participación abrirase nesta ocasión tamén a produtores e

produtoras de fóra do municipio de Silleda.

Foto de arquido dunha feira de produtos.
Foto de arquido dunha feira de produtos.

Tras a boa acollida da primeira edición, celebrada en outubro de 2025, o Concello aposta por dar continuidade a unha iniciativa que busca converterse nun escaparate para produtos artesanais, propostas de alimentación de proximidade, creacións propias e outras iniciativas vinculadas á produción local e ao pequeno emprendemento.


A apertura do certame a expositores doutros municipios permitirá ampliar e diversificar a oferta, mantendo ao mesmo tempo a filosofía coa que naceu Silleda Fai: promover o consumo responsable, favorecer a relación directa entre produtores e público e crear un espazo de encontro arredor da artesanía, da creatividade e dos produtos de calidade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información deste evento.
Preme na imaxe para obter máis información deste evento.

As persoas, empresas ou entidades interesadas en participar poderán formalizar a súa solicitude contactando co Concello de Silleda, no 986 580000.


Outra das novidades desta segunda edición será o reforzo da vertente participativa do certame. Así ofertaránse obradoiros artesanais, que se incorporarán á programación da xornada, ao igual que degustacións de produtos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

“Despois da experiencia do pasado ano queremos seguir facendo medrar Silleda Fai, ampliando a participación e enriquecendo a oferta, pero conservando a esencia coa que naceu: poñer en valor a creación, o pequeno produtor e os produtos feitos con identidade e con historia”, sinala a concelleira de Promoción Económica e Axenda 2030, Estefanía Taín.


Desde o Concello animan a produtores, artesáns e iniciativas interesadas a sumarse a esta segunda convocatoria, da que nas vindeiras semanas se irán dando a coñecer novos detalles relativos á programación e ás actividades previstas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page