top of page

“Silleda Fai” acolle degustacións, demostracións e un sorteo de vales de compra no comercio local

O certame de produtores locais terá lugar o vindeiro sábado 4 de outubro na Rúa Cartaxena a partir das 11 da mañá


Laura Moure/Silleda

O vindeiro sábado 4 de outubro, Silleda converterase nun escaparate do talento e do traballo da súa xente coa celebración de “Silleda Fai”, un novo certame no que serán protagonistas produtores locais e artesáns. A cita terá lugar na rúa Cartaxena, en horario de 11:00 a 19:00 horas, cun formato de feira que reunirá unha ampla mostra de produtos de alimentación de proximidade, artesanía, benestar e deseño.

Degustacións e actividades

O público asistente poderá non só mercar directamente aos produtores presentes senon tamén participar en demostracións, obradoiros e degustacións gratuitas.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na oferta figuran produtores alimentarios (Cortes de Muar, A artesa de Rocío, e as bodegas Castro Brey); de horta ecolóxica (Trasdeza Natur e Lar do Aquel ); de artesanía e deseño (Sedela, Branda’s, Avelaíña e Isabel, cestos e labores de palla); de cosmética natural (Herbolario Bio). Nos vindeiros días dende as redes sociais do Concello de Silleda irase dando conta dos produtos de cada un dos participantes, así como das horas das degustacións e demostracións programadas.


Sorteo especial con apoio ao comercio local

Ademais, todas as persoas que realicen compras no certame, entrarán automaticamente nun sorteo de vales de compra no comercio local de Silleda. Con esta iniciativa, o Concello de Silleda busca poñer en valor o traballo dos produtores locais, fomentar o consumo responsable e impulsar a economía de proximidade, ofrecendo un espazo de encontro e dinamización do comercio.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Queremos que Silleda Fai sexa unha oportunidade para recoñecer o talento da nosa xente e para reforzar a identidade do noso concello como un lugar que apoia o produto local e a creatividade”, sinala a concelleira de Promoción Económica e Axenda 2030, Estefanía Taín.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page