top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda crea unha nova bolsa de emprego para auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

As persoas interesadas en participar no proceso poden presentar a partir de luns a súa solicitude no Rexistro


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda constituirá unha bolsa de traballo para auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Este proceso realízase novamente despois de que o iniciado o pasado ano quedara deserto por distintos motivos. As bases para dita constitución de dita bolsa foron aprobadas na última sesión da Xunta de Goberno Local, e dende hoxe poden consultarse –xunto cos requisitos e procedemento a seguir- tanto no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica como na web municipal. O plazo para presentar solicitudes é de 5 días hábiles e extendarese dende o vindeiro luns día 5 ata o venres día 9.


Publicidade

O obxecto desta bolsa de traballo é poder cubrir vacantes, baixas, vacacións, aumento de persoas usuarias ou calquera outra necesidade urxente que poida xurdir neste servizo, agora de titularidade municipal.


Novidades do proceso

Entre as novidades deste proceso respecto a outros anteriores, figura que poderán optar tamén persoas que estén no proceso formativo para obter os diferentes títulos que permiten traballar como auxiliar, demostrando que están en disposición de obter as distintas titulacións durante o presente ano 2024.


Publicidade

Así poderán participar persoas ca titulación de técnico/a en coidados Auxiliares de Enfermería ou equivalente; técnico/a de atención sociosanitaria ou equivalente; certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes e institución sociais; certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio; ou certificado de habilitación excepcional ou provisional para o exercicio profesional na categoría de Auxiliar de Axuda no Fogar.


A documentación debe presentarse por Sede Electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello (na planta baixa) en horario de 9:00 a 14:00 horas. 

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page