top of page

Silleda convoca este luns ao tecido empresarial e comercial para empezar a dinamizar o viveiro

Este plan xurde do convenio asinado entre o Concello e a Fundación Roberto Rivas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda e a Fundación Roberto Rivas van deseñar e por en marcha no segundo semestre deste ano o Plan de dinamización do viveiro municipal de empresas situado no polígono empresarial Área 33, para fomentar o emprendemento e a creación de novas empresas e a promoción de accións que axuden a consecución da Axenda 2030 no municipio. Antes de elaborar ese plan, o Concello quere coñecer cales son as demandas dos empresarios e comerciantes do municipio, para poder incluílas no documento e facilitar que o viveiro de empresas atenda as necesidades do tecido produtivo de Silleda.

Unha reunión celebrada no viveiro de empresas de Silleda.

Por este motivo convoca ao tecido empresarial e comercial silledense, así como ao tecido social, a unha reunión informativa que se vai celebrar hoxe, luns, 22 de xullo, a partir das 20:00 horas, no salón de actos do propio viveiro de empresas. “Queremos que este espazo teña moita mais actividade e que poida atender as necesidades do empresariado, fomentar o emprendemento, optimizar e xerar novas oportunidades e favorecer o networkin. E para conseguilo queremos coñecer primeiro cales son as necesidades e demandas das persoas e colectivos ao que está destinado”, asegura a alcaldesa, Paula Fernández.

Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Este plan de dinamización é unha das accións incluídas no convenio de colaboración asinado hai uha semana entre o Concello e a Fundación Roberto Rivas. A reunión deste luns servirá para axudar a establecer os criterios cos que se van desenvolver os traballos de redacción do plan de dinamización do viveiro municipal de empresas.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page