top of page

Silleda contratará o proxecto para a demolición da vivenda do parque da Bandeira ca que se ampliará este espazo

9 ene 2024
1 min de lectura

Laura Moure/Silleda

O goberno municipal de Silleda procederá á contratación do proxecto para a demolición da vivenda sita na praza da Bandeira que foi adquirida polo Concello de Silleda. O proxecto deberá incluir ademais o deseño da ampliación do espazo de lecer infantil que a

día de hoxe se atopa a carón da vivenda, e que se ampliará para uso e disfrute da veciñanza co derribo desta construción.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ca compra deste inmoble, sito en plena praza, gañarase máis espazo público e poderase aumentar a zona de xogos infantil desta ubicación, con preto de 140 metros cadrados máis


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Cabe recordar tamén que toda esta zona está incluída no proxecto de Mellora da mobilidade peonil e Rexeneración Urbana no centro de Bandeira que abrangue un ámbito de actuación dunha superficie de 7.623,05 m2. e que vén de ser adxudicada cun investimento de máis de 800.000 euros, a través do programa europeo DUS 5000.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Está previsto que os traballos desta última actuación den comezo a vindeira semana.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page