top of page

Silleda contará cunha nova zona de estacionamento na rúa Carballeira do Chousiño

Grazas a cesión dun particular, esta nova bolsa de aparcamento con preto de 16 prazas


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda habilitará unha nova bolsa de estacionamento na rúa Carballeira do Chousiño, na zona próxima á rúa Santa Olaia, logo de acordar coa propiedade a súa cesión a través dun contrato de comodato. Este solar será a primeira das bolsas de aparcamento que complementarán as obras de mellora da avenida do Parque e permitirá o estacionamento de arredor de 16 vehículos.

ree

O seu funcionamento será compartido para dar servizo á contorna do Colexio María Inmaculada, ao velatorio municipal e á propia zona en obras, contribuíndo así a minimizar as molestias destes traballos e a manter unha mobilidade fluída.


Para a cesión deste terreo acordáronse as mesmas condicións que no resto de solares habilitados como aparcadoiros municipais, incluíndo a bonificación do IBI ás persoas propietarias. Ademais, ao abeiro do acordo, o Concello procederá á demolición do peche existente cara á rúa e á instalación de bolardos de protección, co obxectivo de evitar que os vehículos invadan a beirarrúa unha vez estacionados. Durante a execución das obras, o solar tamén será utilizado como punto de acopio de materiais e de restos da obra, que posteriormente serán triturados e tratados.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

O seu funcionamento como aparcamento será efectivo unha vez finalizados os traballos, ampliando de xeito significativo o número de prazas dispoñibles nesta área da vila.


Con esta nova cesión, son xa cinco os solares cedidos (4 en Silleda e 1 na Bandeira) que o Concello transforma en estacionamento municipal, dentro dunha estratexia máis ampla para reforzar as bolsas de estacionamento nos cascos urbanos do municipio.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Estas actuacións contribúen ás políticas de mobilidade sostible impulsadas polo goberno local, facilitando a ordenación do tráfico, mellorando os desprazamentos diarios e ofrecendo alternativas de estacionamento tanto ás persoas residentes como a quen se achega ata as vilas.


A alcaldesa, Paula Fernández Pena, quixo agradecer expresamente a disposición desta familia, que se dirixiu ao Concello para ofrecer o terreo. “Este xesto pon de manifesto que estamos a construír unha Silleda mellor entre todas e todos, sumando esforzos e colaborando para que as obras avancen e para mellorar o día a día da veciñanza”, sinalou.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page