top of page
Foto del escritorLaura Moure

Silleda conta cunha graduada en Ciencias Ambientais gracias ao convenio ca Universidade de Vigo

Trátase dunha iniciativa que axudará aos estudantes a ter un primeiro contacto co mundo laboral antes de rematar a etapa universitaria


Laura Moure/Silleda

O convenio asinado a comezos deste mes entre o Concello de Silleda e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas na entidade local xa se puxo en marcha ca incorporación dunha estudante da citada universidade que vén de rematar o Grao en

Ciencias Ambientais. A silledense Iria Moreira Suárez incorporouse o pasado día 22 e realizará prácticas extracurriculares no Concello ata o vindeiro 28 de agosto realizando distintas tarefas no departamento municipal de Transición Ecolóxica, que dirixe o concelleiro Manuel Requeijo.

Proxectos como a xestión de biorresiduos, no que o municipio de Silleda é pioneiro ca implantación do colector marrón dende o pasado 1 de xaneiro, ou a solicitude realizada para contar co distintivo de Bandeira Verde son algúns dos programas nos que está a xa a participar, baixo a coordinación do personal técnico do departamento.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Este convenio asinado coa Universidade de Vigo ten por obxectivo facilitar a preparación para o exercicio profesional do estudantado universitario e a súa futura inserción laboral. Deste xeito, Iria Moreira convértese na primeira dos estudantes silledenses da Universidade de Vigo que realiza prácticas académicas externas.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

O Concello xa acolle a estudantes de Silleda de ciclos de formación profesional en prácticas, polo que este convenio permitirá ampliar o abano de persoas estudantes que poden optar a realizar tamén este periodo formativo na entidade local. “Estamos a darlle unha oportunidade nova á mocidade silledense para darlle a oportunidade de poñe en práctica os seus coñecementos tralo remate dos estudos”, indica o concelleiro Manuel Requeijo, que hoxe mantivo unha reunión con Iria Moreira xunto cas tenentas de alcaldesa Mónica González e Ángela Troitiño.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page