top of page

Silleda consolida a súa proba no calendario galego do automobilismo co 3º Rallysprint, o 16 de maio

O tramo de Bandeira repite nun percorrido que ten como novidade a inclusión do tramo de Escuadro


Laura Moure/Silleda

O municipio de Silleda volta por terceiro ano consecutivo ao calendario galego do automobilismo da man do III Rallysprint Concello de Silleda, incluído no Campionato Xunta de Galicia GT2i desta modalidade, e que se disputará o 16 de maio. Os membros da Escudería Silleda, club que preside Juan Pablo Cajide, presentaron onte a proba na praza Siñor Afranio de Silleda.

Cajide explicou que o venres 15 pola tarde comezarán as verificacións optativas e técnicas no entorno da Casa do Concello. O sábado 16 de maio pola mañá de 8:00 a 12:30 horas serán as verificación obrigatorias, previas ao comezo da proba que terá lugar ás 14:00 horas. Disputaranse dous tramos a dobre pasada: un na zona de Bandeira, e como novidade, outro en Escuadro, con asistencia e reagrupamento entre a primeira

e a segunda pasada.


A cerimonia de entrega de premios celebrarase a partir das 20:30 horas na rúa Camiño do Castro, onde estará o parque pechado. O parque de traballo situarase no aparcamento da Semana Verde, no entorno da rúa Recinto Feiral.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O presidente da Escudería Silleda, Juan Pablo Cagide, explicou que nesta terceira edición as inscricións se agotaron en apenas 24 horas, o que dá conta do éxito, con 90 participantes e 7 extras. “ Dende o primeiro día tivemos moi boa acollida.”, avanzou, ademais de agradecer enormemente o apoio das empresas e institucións patrocinadoras, así como das persoas, agrupacións voluntarias, e o Parque de Bombeiros de Silleda, entre outros.


No acto de presentación, ademais de pilotos da zona, tamén estiveron presentes o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, que felicitou á Escudería Silleda pola súa aposta, e o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño, quen remarcou o excelente traballo do grupo, que ven de acadar durante dous anos consecutivos o premio á mellor proba automobilística na súa categoría. “Dous anos seguidos sendo o mellor evento nesta modalidade quere dicir que as cousas se fan ben en Silleda e na comarca”, engadiu


Pola súa banda, a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, que participou na presentación xunto ca concelleira de Deporte, Mónica González, e a concelleira de Promoción Económica, Estefanía Taín, destacou “o gran esforzo que está a realizar a Escudería Silleda, que levan meses traballando para sacar adiante esta proba que se estreou con gran éxito en 2024 continúe pola mesma senda”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Asimesmo, Fernández Pena destacou a grande repercusión que supoñen este tipo de probas “á hora de dinamizar o noso municipio, tanto dende o punto de vista económico como a nivel promocional”, polo que agradeceu aos membros da Escudería Silleda o “gran esforzo que están a realizar”.


Na presentación participaron tamén os pilotos silledense Javier Ramos e Marco Lorenzo, aos que organización agasallou cun dos carteis desta edición.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page