top of page

Silleda concede a prórroga de uso dun despacho do Viveiro de Empresas á Comunidade de Propietarios do Polígono Área 33

Ademais o Concello anuncia novas iniciativas para apoiar ao emprendemento local


Laura Moure/Silleda

A Xunta de Goberno Local do Concello de Silleda aprobou a concesión dunha prórroga á Comunidade de Propietarios do Polígono Área 33 para continuar ocupando o despacho número 1 do Viveiro de Empresas municipal, espazo que veñen utilizando para o desenvolvemento das súas actividades desde a sinatura do contrato inicial de cesión.

A prórroga, solicitada formalmente o pasado 27 de novembro de 2025, esténdese ata o 29 de novembro de 2026, de acordo co previsto nas bases reguladoras do Viveiro, que permiten unha ampliación por un máximo de 12 meses tras os dous anos iniciais de uso. A Comisión de Seguimento emitiu informe favorable á súa concesión, validado pola Xunta de Goberno Local.


 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Ademais, o goberno local está a traballar activamente na ampliación e mellora destes servizos. No último Pleno municipal foi aprobada a creación dun novo espazo de coworking, que permitirá ofrecer condicións máis flexibles e adaptadas para profesionais autónomos, persoas emprendedoras, traballadores nómadas ou pequenas empresas que necesiten un espazo de traballo puntual ou compartido.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Así mesmo, dende o Concello lémbrase que tamén se habilitou para uso de persoas emprendedoras o antigo despacho de administración das instalacións do Viveiro de Empresas, polo que se alguén está interesado en facer uso deste espazo, pode presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello ou contactar coa área de Promoción Económica para recibir máis información.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Con estas accións, o Concello de Silleda reafirma o seu compromiso co impulso á actividade económica e a xeración de emprego no ámbito local, facilitando infraestruturas e apoio institucional ás iniciativas empresariais que contribúan ao desenvolvemento sostible do territorio.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page