top of page

Silleda colaborará coa Subdelegación do Goberno e a UVigo nunha campaña contra a violencia de xénero

Estará centrada na muller rural


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda formará parte da nova edición do proxecto de sensibilización impulsado pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra e a Universidade de Vigo, que este ano centrará as súas accións na violencia de xénero no ámbito rural. Trátase dunha iniciativa enmarcada no programa APS (Aprendizaxe e Servizo) da Universidade de Vigo, na que o alumnado do Máster en Dirección de Arte Publicitario elaborará diferentes campañas de comunicación e sensibilización social por encargo da Subdelegación, que posteriormente se adaptarán aos concellos participantes.

Xincana pola igualdade 8 M IES Pintor Colmeiro Silleda.
Xincana pola igualdade 8 M IES Pintor Colmeiro Silleda.

Durante o pasado curso, este programa centrouse nas mulleres migrantes, dando lugar a cinco proxectos creativos de gran calidade, dos cales varios concellos galegos xa executaron versións personalizadas. Este ano, o proxecto amplíase cunha visión máis práctica e participativa, implicando aos concellos dende a fase inicial de deseño das campañas.


A primeira reunión de traballo no Concello de Silleda co equipo creativo da UVigo está prevista parao vindeiro martes, momento no que se definiran as liñas e necesidades específicas de comunicación do Concello de Silleda, co obxectivo de que a campaña se axuste á realidade do territorio e á súa poboación.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A concelleira de Igualdade, Ángela Troitiño, destacou que “esta colaboración supón unha oportunidade para visibilizar a realidade da muller rural e denunciar as múltiples formas de violencia que seguen presentes, moitas veces de maneira silenciosa”. Engadiu tamén que “traballar da man da Subdelegación do Goberno e da Universidade de Vigo é un paso máis na aposta de Silleda pola prevención e a sensibilización, sumando creatividade e implicación social”.


A iniciativa culminará coas presentacións públicas das campañas deseñadas, coincidindo coa conmemoración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero de 2026.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page