top of page

Silleda colabora na promoción do programa Talento 45+ para persoas desempregadas

É unha iniciativa destinada a mellorar a formación e a empregabilidade de persoas desempregadas de entre 45 e 60 anos residentes na provincia de Pontevedra


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda colabora na difusión do programa 45+, unha iniciativa destinada a mellorar a formación e a empregabilidade de persoas desempregadas de entre 45 e 60 anos residentes na provincia de Pontevedra.

O programa ofrece accións formativas, cunha duración de entre 120 e 150 horas (5 horas diarias), en materias de gran demanda no mercado laboral actual, como o manexo de programas informáticos (Excel, Word, PowerPoint, Teams e outras ferramentas), aplicacións de Intelixencia Artificial (ChatGPT, Gemini, Copilot e outras ferramentas de IA); Business Intelligence con Excel, Power Query, Power Pivot e Power BI; Marketing en redes sociais (TikTok, Instagram, etc.), así como idiomas (inglés B1 e B2).


Este programa está promovido no caso de Silleda pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, e a través dun itinerario formativo busca mellorar as competencias dixitais e profesionais para favorecer as posibilidades de inserción laboral das persoas participantes.


 APOIO AO XORNALISMO PALESTINO

ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.
ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.

As persoas interesadas en participar deben residir na provincia de Pontevedra, estar en situación de desemprego, ter entre 45 e 60 anos e dispoñer de tempo para a formación presencial. Esta iniciativa, a través do Programa Operativo de Empleo, Formación y Educación 2014-2020 (POEFE), contou en 2024 ca participación de máis de 5.500 persoas, con ciclos formativos promovidos dende 63 Cámaras de Comercio de toda España.


Toda a información sobre as formacións dispoñibles, así como o formulario de inscrición, pode consultarse a través da ligazón https://ntfor.com/talento45/ ou escaneando o código QR incluído no cartel divulgativo. As persoas interesadas tamén poden contactar co Concello de Silleda (986 580 000).


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Trátase dun programa compatible con Programas Integrados e outras formacións subvencionadas, polo que supón unha oportunidade moi interesante para mellorar a capacitación profesional e as posibilidades de acceso ao mercado laboral.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page