top of page

Silleda centra a programación do 25-N nos centros educativos

Obradoiros, contacontos ou o stand Agresión Off, que chegou onte ao centro público

de secundaria, centran as actividades deste ano


Laura Moure/Silleda

A Concellería de Igualdade de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño, vén de programar para este mes de novembro, no que se conmemora na xornada do 25 o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, distintas actividades centradas na comunidade educativa.


O programa arrancou na xornada deste mércores co stand Agresión Off, no IES Pintor Colmeiro, no que ademais de información sobre a violencia sexual tamén se aportou ao alumnado material e recursos como xogos, entre outros.

O programa, que se realiza a través do Centro de Información á Muller (CIM) continuará o 21 de novembro no CEIP Plurilíngüe de Silleda con dúas sesións ( de 9:00 a 11:00 horas do obradoiro Abre os ollos contra a violencia de xénero, dirixido ao alumnado de 6º de Primaria.


No CPR María Inmaculada a cita será o día 28, de 12:20 a 14:00 horas, co obradoiro titulado Non me toques o watssap para alumnado de 1º da ESO, no que esta rede social será a protagonista da xornada.


Ata o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira chegará a vindeira sermana o punto violeta baixo o lema Igualarte, con sesións formativas para o segundo ciclo de Primaria (4º, 5º e 6º) os días 9,10,15,21 e 24 de novembro.

A Escola Infantil A Galiña Azul tamén será escenario das actividade cun contacontos do programa Con lentes violetas, que está previsto celebrar o día 15.


O día 30 de novembro tamén se fará durante a mañá e a tarde nas instalación do IES Pintor Colmeiro e o CPR María Inmaculada o obradoiro Ciencia en Movemento, no que se sensibilizará e informará dun xeito ameno sobre mulleres do ámbito científico que durante anos foron relegadas a un segundo plano. Ademais de repasar a traxectoria de figuras como Khatarine Boldgett, doutora en Física e inventora dos cristais antirefrectantes, a española Ángela Ruiz, unha mestra que pioneira no libro electrónico en 1954, ou

Josephine Cochrane, que inventou o lavalouzas, o alumnado tamén participará facendo disintos experimentos.


A programación do 25-N en Silleda contará tamén co programa Coeducamos, ca entrega de libros pola igualdade en todos os centros educativos. "Consideramos que a educación é o ámbito no que se precisa reforzar e incidir para loitar por unha sociedade máis igualitaria. Os e as alumnas son o noso futuro e por iso apostamos por este programa enfocado a todos os centros educativos”, explica a concelleira de Igualdade, Ángela Troitiño, que asistiu ao IES Pintor Colmeiro á estrea de Agresión Off.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page