top of page

Silleda aproba o proxecto para mellorar a mobilidade e seguridade da zona deportiva-escolar

23 abr 2023
1 min de lectura

A actuación ten un orzamento estimado de 893.189 euros


Laura Moure/Silleda

A Xunta de Goberno Local de Silleda vén de aprobar o proxecto de mellora da mobilidade peonil e rexeneración urbana na avenida Recinto Feiral e a rúa Arturo Pérez Lázara de Silleda, co que o Concello de Silleda concorrerá ao programa PON2030.

Esta convocatoria extraordinaria da Deputación de Pontevedra contempla a posibilidade de actuar sobre espazos públicos, cumplindo cos obxectivos da Axenda 2030, entre os que figura a recuperación e mellora de espazos seguindo os parámetros da Rede Ágora, da que forma parte o Concello de Silleda.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O proxecto ten un investimento previsto de 893.189,62 euros e con el busca mellorar a mobilidade peonil e reforzar a seguridade no entorno da zona deportivo-escolar da capital municipal, cunha gran afluenza de persoas a diario.


O proxecto supón a rexeneración urbana do tramo da avenida Recinto Feiral, á beira do que se sitúan o CEIP Plurilíngüe de Silleda e o pavillón municipal “César G. Fares”, así como na rúa Artúro Pérez Lázara, onde se ubica o estadio municipal de fútbol de Outeiriño, e o seu entorno, e tamén ca Escola de Música Municipal.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page