top of page

Silleda apela ao civismo e ao coidado do mobiliario, despois de rexistrarse xa danos no parque novo

O recinto de xogos infantil inaugurado en novembro de 2020 nesta vila acusa xa un

notable deterioro que xa obrigou a facer reparacións


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda fai un chamamento ao civismo e ao coidado do mobiliario público despois de rexistarse xa varios danos no parque infantil da praza Juan Salgueiro de Silleda. Os bancos que foron reparados xa en dúas ocasións, volveron a sufrír tamén danos, e este venres o recinto aparecía cheo de pedras, algunhas delas de grandes dimensións.

Tamén se rexistraron nas últimas semanas danos na tirolina así como pintadas nos elementos de xogo. “Debemos ser conscientes que o parque é de todos e todas, e por iso hai que inculcar aos nenos e nenas e a toda a sociedade que se debe de coidar o material e o mobiliario público”, indica o alcalde, Manuel Cuiña. O parque foi inaugurado hai tan só 16 meses, en novembro de 2020.


Obras Plan Concellos

Po outra banda, as obras do Plan Concellos no municipio de Silleda continúan a bo ritmo. Este venres iniciáronse os traballos na pista que une Taboada e Cortegada.

Ademais deste tramo, un dos máis longos dos que se incluén no proxecto, tamén se arranxará outro anexo desta pista que vai ata a ponte medieval. Trátase dun tramo que vertebra a localidade, atravesada ademais polo Camiño de Santiago, e que acusaba un notable deterioro. A día de hoxe este programa de obras, cun investimento de máis de 540.000 euros, xa conta con varias actuaciósn rematadas. Así realizouse o acceso e a mellora da explanada do CEIP Ramón de Valenzuela; o vial de Cabana (Moalde), dende a N-640; o vial de Vilar, entre Barral e Mazarelos; outras dúas en Ponte ata o límite ca Estrada; a de Barro, en Vilar ; outras dúas na parroquia de Ponte (no vial que une Espiño e Carderrei e tamén no vial de entronque ca PO-205 que dá acceso a varios lugares), así como a pista que vai dende a glorieta da avenida da Estación ao acceso ao recinto feiral.


Nos vindeiros días os traballos, adxudicados á firma Taboada y Ramos, continuarán con novas actuacións nas parroquias de Carboeiro, Ansemil, Lamela, Dornelas, Cira, e Margaride, todas elas dotando aos viais dunha nova capa de rodadura con aglomerado en quente.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page