Silleda albergou as probas de persoal subalterno e auxiliar de coidadores
- Laura Moure

- hace 51 minutos
- 2 Min. de lectura
Reuniron durante a fin de semana a preto de 6.000 persoas que aspiran a 145 prazas
Laura Moure/Silleda
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou este domingo o esforzo do Goberno galego para convocar máis de 4.000 prazas de emprego público nesta lexislatura. Fíxoo durante a súa visita ao recinto da Feira Internacional de Silleda, onde supervisou o operativo das probas de persoal subalterno e auxiliar de coidadores, que se celebran pola quenda de acceso libre.

Miguel Corgos Incidiu no proceso continuado de convocatoria e execución de procesos selectivos para afrontar o reto de renovación de efectivos e responder ás novas necesidades da Administración e da cidadanía. Quixo tamén agradecer o traballo das máis de 200 persoas que están a controlar o correcto funcionamento dos procesos selectivos da fin de semana ás que se presentan preto de 6.000 persoas para acceder a 145 prazas de emprego público.
Publicidade
O conselleiro de Facenda e Administración Pública lembrou que estes procesos continuarán nos vindeiros meses, coa previsión de celebrar durante este primeiro semestre do ano os exames de 19 procesos aos que se presentarán arredor de 3.500 aspirantes que optan a 836 prazas, para especialidades como as de ciencias do mar, psicoloxía ou auxiliares de clínica.
O responsable da Facenda galega salientou que a Xunta executa un importante número de procesos selectivos cada ano, tanto para a promoción interna do persoal que xa está traballando na administración como de novas prazas co obxectivo de ofrecer empregos estables de calidade.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Durante o ano 2025, convocáronse 30 procesos, dos que 25 foron de acceso libre e 5 de promoción interna separada. O total de prazas ascendeu a 1.267.







Comentarios