top of page

Silleda adxudica adxudica as obras de mellora viaria en 4 núcleos da parroquia de Dornelas

Os traballos, cun investimento de máis de 210.00 euro, comezarán nos vindeiros días


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de adxudicar novas obras de mellora viaria, neste caso na parroquia de Dornelas, cun investimento que supera os 210.000 euros. As actuacións financiaranse con cargo ao crédito extraordinario de 1.750.000 euros que inclúe actuacións de mellora de accesos nun total de 10 parroquias do municipio de Silleda. Os traballos, que foron adxudicados á empresa Taboada y Ramos S.L. , darán comezo nos vindeiros días.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

Na parroquia de Dornelas os traballos desenvolveranse nos lugares de Bascuas, O Portiño, Dornelas e Rosedo, con actuacións en varios ramais. Ademais de mellorarse os accesos aos mencionados núcleos, as obras tamén servirán para mellorar accesos a explotación gandeiras do entorno e parcelas agrícolas e forestais do seu ámbito. Os traballos inclúen limpeza de cunetas, rega asfáltica de adherencia e pavimentación con formigón bituminoso en quente.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Obras en marcha e outras licitacións en viarios

A día de hoxe, no marco deste proxecto, xa foron executadas as obras de Toxa e Toiriz (Silleda); Costela (Margaride); Rellas, todo o núcleo de Xestoso, Abades, Piñeiro e Chapa .


Ademais, están en fase de licitación as obras previstas en Cira e Ponte, que está previsto adxudicar nos vindeiros días, unha vez recibidos xa os informes sectoriais pertinentes.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Con estas actuacións, o Concello continúa coa súa programación de melloras na rede viaria municipal, dando resposta ás demandas veciñais e contribuíndo a mellorar a seguridade e accesibilidade nos núcleos rurais do municipio.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page