top of page

Silleda adquire novos equipamentos para os servizos municipais co Fondo de Compensación Ambiental

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de adquirir material e equipamento para varios departamentos municipais. Esta actuación acométese con cargo aos fondos que lle corresponden ao municipio polo Fondo de Compensación Ambiental, por acoller instalacións como os parques eólicos.

Así, nesta adquisición de equipamento inclúense varias dotacións que virán a reforzar e mellorar os servizos municipais. Así, mercáronse xa dous novos vehículos cortacéspede, un deles dos denominados “xiro cero”, para facilitar o traballo en grandes áreas; tamén se mercará unha desbrozadora e un soplador, para renovar equipamentos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A nova dotación inclúe tamén un cepillo lateral desbrozador para acoplar á varredora. Con este dispositivo búscase garantir a elimininación eficiente e sustentable de vexetación no desexada nas beirarrúas das vilas de Silleda e da Bandeira, reducindo ademais a necesidade de mantemento manual intensivo e eliminando a pegada de carbono asociada a estas tarefas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A adecuada conservación dos espazos verdes municipais permite que a cidadanía poida desfrutar destes lugares para actividades recreativas como paseos, deporte ao aire libre e encontros sociais. Ademais, manter estes espazos en boas condicións facilita o seu uso con fins didácticos, promovendo a educación ambiental en centros escolares e colectivos cidadáns. “A adquisición do antedito equipamento supoñerá a promoción da sustentabilidade a nivel municipal”, indica a alcaldesa, Paula Fernández, que recibiu xunto co personal municipal o material, adxudicado mediante procedemento de contrato menor a Comercial Iglesias por importe total de 13.092,20 euros.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page