top of page

Silleda activa un ano máis o Programa de Atención a Persoas con Alzheimer e outras demencias

Os obradoiros de estimulación cognitiva comezaron onte na Casa da Xuventude, con 28 persoas usuarias


Laura Moure/Silleda

O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (Afapo) continuará ao longo deste ano no municipio. O Concello de Silleda destinará a este programa un total de 18.000 euros, con distintas actividades para a poboación silledense.

“Estamos moi satisfeitos con este programa integral que iniciamos xa no ano 2014 e que tan bos resultados está a dar, non só para os veciños e veciños que padecen esta doenza senón tamén para as súas familias, con consellos e indicacións que moitas veces se descoñecen”, sinala a concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño que onte asistiu ao inicio dos obradoiros de estimulación cognitiva, para a prevención desta enfermidade.


Con este programa, o goberno municipal continúa apostando polas políticas sociais. Así mesmo, o número de persoas asistentes a estes obradoiros segue en aumento, con 28 persoas usuarias e dúas pendentes de incorporación nesta anualidade. Esta actividade continuará ata final de ano na Casa da Xuventude. Esta é unha das actividades que se vén desenvolvendo con este programa, ao igual que os cursos para familiares e coidadores/as.

As sesións terán lugar todos os martes e xoves, en dúas quendas, cun claro obxectivo de prevención da enfermidade.


Dende o Concello de Silleda tratarase de realizar ademais unha campaña informativa sobre este programa, “para tratar de chegar a máis poboación xa que sabemos da incidencia que ten esta enfermidade e que temos, por desgracia, máis usuarios e usuarias potenciais”, engade a concelleira.

Obxectivos

Dende AFAPO apuntase que entre os obxectivos deste programa de intervención integral figuran axudar ás familias a comprender a importancia no coidado dos enfermos e previr situacións de desgaste físico e/ou emocional, que poidan derivar en estrés crónico, e tamén ralentizar na medida do posible o deterioro cognitivo, pérdida de memoria, de mobilidade e función motoras que presentas as persoas con demencias.


A mellora da calidade de vida, tanto das familias como dos enfermos é o reto específico desta actuación. “O coidado e benestar dos nosos maiores e das persoas que padecen enfermedades coma esta é unha das preocupacións deste goberno municipal, que se manifesta coa posta en marcha de iniciativas coma esta ou a apertura do Centro de Día e Residencia”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page