top of page

Silleda activa o servizo de vixiancia e prevención de lumes cunha brigada municipal especializada

Catro persoas incorporáronse este xoves ao dispositivo, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Concello ao abeiro do convenio con Medio Rural e do fondo europeo FEADER


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de poñer en marcha o servizo de labores de vixilancia, defensa e prevención de incendios forestais para o ano 2025, tras a adxudicación do contrato á empresa Eulen, S.A. A brigada, composta por catro persoas, iniciou este mércores os traballos e estará operativa durante os vindeiros tres meses.

O contrato, formalizado por un importe total de 47.801,16 euros (dos cales 39.505,09 euros corresponden ao prezo base e 8.296,07 euros ao IVE), está cofinanciado a través do convenio asinado ca Xunta de Galicia, polo que achega o 75% con 35.800€, e o Concello de Silleda, que asume a cantidade restante). A actuación enmárcase no convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para os anos 2025 e 2026, e conta co apoio do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PEPAC 2023-2027.


A brigada estará formada por unha persoa coa categoría de xefe/a de brigada, con titulación específica en montes, xestión forestal, medio natural, emerxencias ou protección civil, e por tres persoas como peóns de brigada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O Plan de Actuación Preventiva, elaborado polo propio Concello, determina as zonas prioritarias de intervención, que suman un total de 131.378 metros cadrados, centradas en fincas de titularidade municipal, moitas delas situadas en faixas secundarias de protección de vivendas, que deben ser rozadas para garantir a seguridade da veciñanza.


As persoas integrantes da brigada realizarán os traballos en quendas de 10:00 a 18:00 horas ou de 18:00 a 02:00 horas, con plena dispoñibilidade todos os días da semana, incluídos domingos e festivos. Estarán integradas no dispositivo do Distrito Forestal XVI (Deza-Tabeirós) e actuarán en coordinación co Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF) da Xunta de Galicia, conforme ao PLADIGA en vigor.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais das tarefas de vixilancia e intervención ante emerxencias, a brigada executará labores manuais de prevención como a roza da vexetación e a revisión das faixas de biomasa forestal, co correspondente informe técnico de xestión, segundo a normativa vixente.


A empresa adxudicataria deberá entregar ao remate do servizo unha memoria técnica das actuacións realizadas, que permitirá avaliar o impacto e resultados obtidos. “A prevención é a clave na loita contra os incendios forestais. Con esta brigada reforzamos o compromiso municipal coa protección do territorio, das persoas e das vivendas, actuando con planificación, recursos e coordinación institucional”, destaca a alcaldesa Paula Fernández Pena.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page