top of page

Silleda Activa arranca de novo co obradoiro de musicoterapia

Mantén propostas xa consolidadas como a ximnasia de mantemento, a musicoterapia xerontolóxica, o pilates e os obradoiros de memoria e estimulación cognitiva


Laura Moure/Silleda

O programa Silleda Activa, impulsado polo departamento municipal de Benestar Social e dirixido a persoas maiores de 65 anos ou pensionistas, deu comezo este luns cunha oferta variada para favorecer a saúde física e mental. As sesións de musicoterapia en Silleda estrearon esta nova edición do programa, que arranca con máis de 130 persoas inscritas.

A principal novidade desta edición é a incorporación do aerobic, unha actividade que combina exercicio cardiovascular con música, ideal para mellorar a resistencia, a coordinación e o estado de ánimo. As sesións terán lugar no Centro Social de Silleda os mércores de 12:00 a 13:00 horas e os venres de 9:10 a 10:10 horas (20 euros ao mes). Ademais, ante a demanda, terá lugar tamén no Centro Social de Bandeira os luns ás 11:15 e os venres ás 10:30 horas.


Xunto a esta novidade, o programa mantén propostas xa consolidadas como a ximnasia de mantemento, musicoterapia, pilates e os obradoiros de memoria e estimulación cognitiva, que permiten traballar forza, flexibilidade, equilibrio e capacidade cognitiva.


 APOIO AO XORNALISMO PALESTINO

ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.
ECOS DA COMARCA APOIA AO XORNALISMO PALESTINO. Preme na imaxe para máis información.

As actividades desenvolveranse nos centros sociais de Silleda e A Bandeira, ofrecendo horarios adaptados de mañana para facilitar a participación. Todas as actividades arracan esta mesma semanas, e aínda quedan prazas vacantes en musicoterapia para as persoas interesadas en Silleda, xa que finalmente non se desenvolverá dita actividade en Bandeira. Repártese en dous grupos os luns e mércores: o primeiro de 9:15 a 10:15 horas e o segundo de 10:15 a 11:15 horas. Para ter información detallada, as persoas interesadas poden acudir as dependencias municipais ou chamar ao 986 592 037.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Con esta nova edición, o Concello reafirma o seu compromiso coa mellora da calidade de vida das persoas maiores. “Animamos a todas as persoas que nunca teñen participado no Club dos Maiores a que se inscriban e proben estas actividades, que lles permitirá non so mellorar a forma física senón tamén compartir tempo con outros veciños e veciñas”, subliña a alcaldesa, Paula Fernández, que onte participou no primeiro obradoiro xunto ca concelleira de Benestar Social, Ángela Troitiño.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page