top of page

Silleda acometerá a remodelación integral da Escola de Música Municipal por case 900.000 euros

O cambio da cuberta, dotación de ascensor, e remodelación de espazos interiores centran a actuación deste centro cultural que é xa un referente


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de lograr outra axuda histórica. A remodelación integral da sede da Escola de Música Municipal será unha realidade despois de que o proxecto presentado pola entidade local, cun investimento de 890.185,78 euros, fora un dos poucos seleccionados en toda Galicia para recibir a subvención do Fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado á realización de investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico.


Así, a Xunta cofinanciará con 445.092,89 euros (o 50%) esta destacada actuación, aportando o Concello de Silleda outra cantidade similar ao proxecto denominado “Rehabilitación e mellora da accesibilidade da Escola de Música Municipal de Silleda”. Este proxecto, que se presentaba por terceira vez a unha convocatoria de subvencións, foi finalmente seleccionado como un dos beneficiarios desta liña de apoio.

Con esta intervención eliminaránse barreiras arquitectónicas, incorporando un ascensor e accesos adaptados, e mellorarase o aillamento térmico e acústico, imprescindible para a práctica musical. Renovarase a cuberta, carpintería interior e exterior, entre outros e dotarase ao edificio de novos aseos. Tamén se redistribuirán os espazos docentes e de ensaio, garantindo condicións axeitadas e se moderinizarán en xeral as instalación, adaptándoas aos estándares actuais dun centro educativo musical.


Con esta actuación, o Concello dá un paso decisivo na consolidación da Escola de Música como proxecto estratéxico de futuro, reforzando a súa función como servizo público esencial e como motor cultural, social e económico da vila.


Un proxecto clave para a cultura e a educación musical

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, expresou a súa satisfacción pola concesión desta axuda. “É unha noticia extraordinaria para Silleda. Levabamos anos loitando por este proxecto e por fin vese recompensado o esforzo. A Escola de Música é un orgullo para todos nós, polo traballo que desenvolve, pola formación que ofrece e polo prestixio que lle dá á nosa vila. Agora, grazas a este investimento, poderemos contar cunhas instalacións á altura do seu nivel educativo e artístico”, remarca.


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Fernández destacou ademais que a concesión desta subvención “recoñece o carácter estratéxico da Escola de Música, non só para Silleda, senón para toda a comarca do Deza”. “É un proxecto que combina cultura, educación, dinamización social e tamén

económica. A actividade da Escola ten un impacto directo no comercio, na hostalaría e na vida do noso municipio”, engadiu a rexedora.


A Escola de Música Municipal de Silleda, inaugurada en 2016 no edificio que ocupaban as oficinas da Fundación Semana Verde, -logo do histórico acordo entre esta entidade e o Concello para a compensación de débedas- constitúe un dos motores culturais e formativos do municipio e da comarca.


O edificio, dos anos 80, consta de varias plantas (semisótano, planta baixa, primeiro planta e baixo cuberta. Non obstante, e pese a que para a súa reapertura como escola de música dende o Concello se fixeron distintos investimentos (creación da aula de ensaio e dotación doutros espazos), o centro presenta carencias notables en materia de accesibilidade, illamento térmico e acústico, así como espazos que non foron deseñados

especificamente para o uso docente. Por iso, esta intervención suporá unha auténtica remodelación integral, coa creación dun centro moderno, adaptado e funcional para a práctica musical.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A actuación tamén aposta por mellorar as prestacións de eficiencia enerxética (co aillamento en fachadas, solos e cubertas) e a renovación de todas as ventanas. Tamén se mellora a conservación do mesmo co cambio de cubrición da cuberta, protección dos revestimentos exteriores, ou cambio da rede de saneamento interior, entre outros.


Cunha matrícula que supera os 200 alumnos e alumnas, a escola é tamén a canteira das distintas agrupacións musicais que dan vida á vila: a Banda Municipal de Silleda, a Banda Xuvenil, a Banda Infantil, ademais dos grupos de acordeóns e gaitas. A actividade que xira arredor da Escola vai moito máis alá do ensino ordinario. Concertos, festivais e certamens, intercambios con outras vilas e colaboracións internacionais sitúan a Silleda como un referente musical tanto dentro como fóra de Galicia.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page