top of page

Silleda acometerá a reforma interior da antiga escola de Cortegada para convertela nun centro TIC do rural

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda levará a cabo a reforma interior da antiga escola de Cortegada, logo de que no ano 2023 se acometera unha primeira fase de mellora na envolvente exterior do edificio. O proxecto, presentado a través da ADR Terras de Pontevedra Norte, foi elixido

no marco das axudas do programa LEADER, cofinanciadas con fondos FEADER dentro do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027. Grazas a esta convocatoria, o Concello de Silleda logra financiar o 90% do custe total da actuación, que ascende a 57.505,55 euros, aportando con fondos municipais a cantidade restante de 7.505,55 euros.

ree

As obras permitirán dotar este inmoble, situado na parroquia de Cortegada, dun uso social como Centro TIC do rural, co obxectivo de reducir a fenda dixital e ofrecer á veciñanza un espazo para formacións, actividades de divulgación e acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación.


Entre as melloras previstas atópanse a creación de dúas salas polivalentes dotadas con instalacións adaptadas ao uso tecnolóxico (tomas RJ45, HDMI, equipos informáticos e de proxección), así como dun aseo accesible e dun pequeno almacén. Tamén se executarán traballos de illamento, ventilación, fontanería, instalación eléctrica e protección contra incendios, ademais de melloras na eficiencia enerxética do edificio.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, subliña a importancia desta intervención destacando que “este proxecto é un exemplo de como podemos recuperar edificios tradicionais do noso rural para darlles unha nova vida, poñéndoos ao servizo da veciñanza. Con este centro TIC queremos facilitar o acceso á formación, á tecnoloxía e á innovación tamén nas parroquias, contribuíndo a fixar poboación e a mellorar a calidade de vida no rural e dando tamén resposta a unha demanda da veciñanza de Cortegada”.


No ano 2023 o Concello de Silleda acometeu con fondos propios as obras para a dotación de cuberta e carpintería exterior, cun investimento de 49.720,55 euros nesta primeira fase da restauración.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Con esta segunda actuación rematarase o interior, con todas as intalacións e a dotación dun aseo no medio das dúas estancias polivalentes e tamén se acondicionarán os arredores do edificio, nunha actuación que viña reclamando a veciñanza da contorna.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page