top of page

Silleda acomete reformas no CEIP Ramón de Valenzuela e agarda que Educación asuma os compromisos

24 ago 2022
1 min de lectura

Estanse a pintar aulas e sinala que "das obras comprometidas pola Consellería en maio de 2021 só se executou a renovación da cuberta no edificio de infantil do CEIP de Silleda"


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda está a realizar nestes días traballos de mantemento e posta a punto nos centros escolares públicos de cara ao inicio do novo curso. Entre estas tarefas figura o pintado de tres aulas nas dependencia do CEIP Ramón de Valenzuela, na Bandeira, "moi deterioradas polas filtracións de humidades".

Un operario no CEIP da Bandeira.

Neste senso, dende o goberno municipal agárdase que a Consellería de Educación, titular dos centros, acometa canto antes as obras comprometidas xa en maio de 2021, con arranxos urxentes nos dous CEIP do municipio. "Dentro das obras comprometidas, queda aínda por executar a reforma dos baños de Silleda e da cuberta do edificio central, xa que só se renovou a cuberta do edificio de infantil. Ademais, na Bandeira tamén están pendentes de acometerse traballos para evitar a filtracións de humidades".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Son obras que levan moito tempo solicitadas e que agardamos que se fagan canto antes”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page