Silleda acollerá obradoiros gratuítos de capacitación persoal para maiores de 55 anos
- Laura Moure

- hace 4 horas
- 1 Min. de lectura
Será a través de Solidaridad Intergeneracional e os interesados poden anotarse ata o 20 de maio
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda acollerá a partir do vindeiro 25 de maio unha serie de actividades gratuítas de capacitación persoal promovidas por Solidaridad Intergeneracional, dirixidas a persoas maiores de 55 anos, que se inclúen no programa Silleda Activa. A iniciativa busca fomentar o envellecemento activo, o benestar persoal e a participación social a través de talleres orientados á capacitación persoal, ao empoderamento e á mellora da calidade de vida.

As sesións desenvolveranse dun xeito ameno e dinámico, abordando temáticas como a risoterapia, a relaxación, as emocións ou a creatividade, entre outras. Os obradoiros celebraranse os luns e xoves, desde o 25 de maio ata o 25 de xuño, en horario de 16:00 a 18:00 horas, no Centro Social de Maiores de Silleda.
PUBLICIDADE
Desde a Concellería de Benestar Social, Ángela Troitiño, aníma ás persoas maiores de 55 anos a participar nesta proposta, que ofrece un espazo de encontro, aprendizaxe e convivencia. “Estas actividades son unha oportunidade para seguir medrando persoalmente, compartir experiencias e reforzar a participación social das persoas maiores”, sinalan desde o departamento municipal.
PUBLICIDADE
A actividade conta coa colaboración do COAG, o financiamento da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade. As persoas interesadas poden inscribirse ata o vindeiro día 20 no departamento municipal de Benestar ou chamando ao 986 592 037.








Comentarios