top of page

Silleda acollerá o obradoiro “Activa-das”, sobre empoderamento das mulleres con discapacidade

As inscricións e solicitudes de información poden realizarse no Concello


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda, a través do departamento de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM), acollerá nos vindeiros días 3, 5 e 7 de novembro o obradoiro “Activa-das: Claves para o apoderamento das mulleres con discapacidade”, unha iniciativa organizada pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR).

ree

O programa, que se desenvolverá na Casa da Xuventude (Rúa Trasdeza, 90), entre as 10:00 e as 13:00 horas, forma parte das accións de sensibilización e formación que promove ACADAR en toda Galicia, co obxectivo de impulsar o empoderamento das mulleres con discapacidade e fomentar a súa participación plena na sociedade.


A entidade traballa en ámbitos como a igualdade, a educación, a saúde, a sexualidade e o acompañamento a mulleres en situación de violencia, reivindicando os dereitos das mulleres con discapacidade e visibilizando as súas realidades.


O obradoiro “Activa-das” inclúe tres sesións formativas con contidos prácticos e participativos, abordando cuestións como a autoestima, habilidades sociais e resolución de conflitos, ou a Sensibilización sobre as violencias cara ás mulleres con discapacidade nas TICs


 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

As inscricións e solicitudes de información poden realizarse no Concello de Silleda, (Rúa Progreso, 41), chamando ao 986 592 037 ou a través do correo electrónico cim@silleda.es.


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde o Concello de Silleda destácase a importancia de apoiar e visibilizar este tipo de iniciativas que contribúen a promover a igualdade, a autonomía persoal e o benestar das mulleres con discapacidade, reforzando a colaboración entre administracións e entidades sociais.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page