top of page

Silleda acollerá a partir do 18 de maio novos obradoiros do programa Rural TIC de Ineco

Os ciclos formativos nas parroquias están abertos á participación de toda a veciñanza e cada sesión terá unha hora de duración


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda acollerá a partir do vindeiro18 de maio unha nova edición dos obradoiros formativos do programa RuralTIC, impulsado por Ineco, co obxectivo de seguir avanzando na dixitalización dapoboación do rural. A iniciativa está coordinada dende a Concellería de MedioRural, que dirixe Asunción García, e inclúe sesións nos locais sociais dasparroquias, abertas a toda a veciñanza, así como actividades específicas en

centros educativos do municipio.

No caso dos obradoiros nas parroquias, as sesións centraranse en aplicacións útiles para o día a día, como correo electrónico, WhatsApp, APP Sergas, Bizum ou Liña Verde. Terán unha duración dunha hora e desenvolveranse nasparroquias de Lamela (luns 18 ás 20:00 h); Dornelas (martes 19 ás 17:00); Graba (xoves 21 ás 18:00 horas); Breixa (venres 22 ás 18:00); Laro (mércores 27 ás 19:00); e Abades (venres 29 ás 18:00).


Nos 4 centros educativos

Ademais, o programa Rural TIC tamén chegará aos centros educativos do municipio, con actividades adaptadas ao alumnado. Así, impartiranse obradoiros de tramitación en liña de axudas para a mocidade no IES Pintor Colmeiro e no Colexio Plurilingüe María Inmaculada, así como talleres de programación en Scratch no CEIP Plurilingüe de Silleda e no CEIP Ramón de Valenzuela.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

En concreto, o calendario previsto nos centros educativos inclúe sesións o mércores 20 de maio no IES Pintor Colmeiro, o luns 25 de maio no CEIP Plurilingüe de Silleda, o martes 26 de maio no CEIP Ramón de Valenzuela, e o xoves 28 de maio no Colexio Plurilingüe María Inmaculada.


Dende o Concello de Silleda anímase á veciñanza a participar nestas accións formativas, que supoñen unha oportunidade para adquirir competencias dixitais básicas, resolver dúbidas prácticas e mellorar a autonomía no uso das novas tecnoloxías.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O municipio de Silleda sumouse o pasado ano ao programa Rural TIC, posto en marcha polo INECO (a enxeñería pública do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (Mitma), como un servizo para a cidadanía que reside en vilas e pequenos municipios de España.


Trátase dun modelo colaborativo que ten como obxectivo contribuír á dixitalización social e económica da sociedade que vive en contornas rurais, rompendo as barreiras que os afastan das novas tecnoloxías. As accións enfocadas a dixitalizar social e economicamente os pequenos municipios e vilas constitúen unha panca fundamental nas políticas de asentamento de poboación neste entorno, xerando unha porta de acceso ao

retorno dos habitantes dos grandes núcleos cara a un modelo de vida máis sostible, en liña cos obxectivos da Axenda 2030.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page