top of page

Silleda acollerá o sábado 14 de marzo unha concentración pola paz

Forma parte das mobilizacións impulsadas polo movemento estatal Parar a Guerra


Laura Moure/Silleda

A Praza da Igrexa de Silleda acollerá o vindeiro sábado 14 de marzo ao mediodía unha concentración cidadá en favor da paz e contra os conflitos armados, no marco das mobilizacións impulsadas polo movemento estatal Parar a Guerra.

Esta plataforma cívica promove na mesma data mobilizacións en numerosas localidades para reclamar o alto o fogo inmediato, o respecto ao dereito internacional e unha solución política e diplomática aos conflitos armados, poñendo o foco na grave situación que se vive en Palestina e no conflicto que ven de saltar en Oriente Medio.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A convocatoria en Silleda incluirá unha performance simbólica sobre a situación que está a vivir o pobo palestino, unha iniciativa que se realizará coa colaboración da comunidade educativa local. A acción pretende visibilizar o impacto da guerra sobre a poboación civil e especialmente sobre a infancia. O acto concluirá coa lectura dun manifesto en favor da paz, no que se fará tamén referencia á situación que se está a vivir en Oriente Medio e á

necesidade de reforzar o compromiso da sociedade coa resolución pacífica dos conflitos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

A convocatoria está aberta á participación de toda a cidadanía, nun chamamento colectivo a defender a paz, os dereitos humanos e o diálogo como únicas vías para resolver os conflitos.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page