top of page

Silleda acolle unha nova edición do DéporCampus Cabreiroá, do 14 ao 18 de xullo

11 jun 2025
1 min de lectura

As actividades terán lugar no campo da Gandareira en horario de mañá


Laura Moure/Silleda

O municipio de Silleda contará un ano máis ca celebración do DeporCampus Cabreiroá, impulsado polo RC Deportivo da Coruña. O acto de presentación contou ca participación da alcaldesa, Paula Fernández, e das concelleiras de Deporte, Mónica González, e de Educación e Benestar, Ángela Troitiño, así como de Alejandro Vidal responsable de área social do RC Deportivo, e Sergio Maurente, coordinador do programa local da Fundación RC Deportivo


A actividade levarase a cabo entre os días 14 e 18 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas. O campo da Gandareira, na Bandeira será o escenario deste campus destinado a

nenos e nenas de 6 a 14 anos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As persoas interesadas poden consultar consultar toda a información e realizar o proceso de inscricción no seguinte enlace: https://deporcampus.rcdeportivo.es/es/silleda-2024/inicio Para consultas ou dúbidas sobre a inscripción, tamén se pode remitir un mail a


Dende o Concello de Silleda agradécese á Fundación RC Deportivo que continúen apostando polo municipio con esta actividade, que se celebra dende o ano 2019 nos campos municipais silledenses, cunha participación que segue en aumento ano tras ano.






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page