Silleda acolle unha charla sobre xenética, TEA e TDAH a cargo de Ángel Carracedo
- Laura Moure

- 19 ene
- 1 Min. de lectura
Organizada por Aupa Deza, a sesión está aberta a familias e profesionais e para asistir precisase inscrición previa
Laura Moure/Silleda
O Salón de Actos do Concello de Silleda acollerá o vindeiro venres 30 de xaneiro, ás 18:00 horas, unha charla divulgativa baixo o título “Xenética, TEA e TDAH”, que será impartida polo prestixioso catedrático Ángel Carracedo.

A actividade está organizada pola asociación Aupa Deza, coa colaboración do Concello de Silleda, no marco do compromiso municipal coa sensibilización, a información e o apoio ás familias con menores con necesidades especiais.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

A sesión, de carácter gratuíto, está dirixida tanto a familias como a profesionais, e abordará a relación da xenética cos trastornos do espectro autista (TEA) e co trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH), ofrecendo unha visión rigorosa e accesible desde o punto de vista científico e sanitario. As prazas son limitadas, polo que é necesario realizar inscrición previa a través do código QR incluído no cartaz.
Publicidade
Ángel Carracedo é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, sendo unha referencia internacional no eido da xenética e da investigación biomédica.
Publicidade
Desde a organización anímase á cidadanía a participar nesta charla, que supón unha oportunidade única para achegarse ao coñecemento científico arredor da saúde neurodiversa da man dun dos maiores expertos a nivel estatal.








Comentarios