top of page

Silleda acolle o vindeiro xoves, día 12, unha sesión informativa sobre as comunidades enerxéticas

Será da man da Deputación de Pontevedra a través da Oficina Provincial de Transformación Comunitaria +Renovables


Laura Moure/Silleda

Silleda acolle o vindeiro xoves día 12 unha nova sesión informativa sobre as comunidades enerxéticas, neste caso da man da Deputación de Pontevedra a través da Oficina Provincial de Transformación Comunitaria +Renovables. A cita terá lugar no salón de actos da Casa do Concello ás 20:00 horas, e nela explicaráselles ás persoas asistentes que é unha comunidade enerxética, o papel das administracións no seu desenvolvemento e os servizos que ofrece a institución provincial a través deste servizo, que está financiado con fondos Next Generation EU.


A Oficina de Transformación Comunitaria da Deputación +Renovables está situada no Centro de Servizos e Apoio Empresarial de Barro (situado no Polígono de Barro), e trátase dun espazo desde o que se está a fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de comunidades enerxéticas en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, especialmente os concellos de reto demográfico, a súa prioridade. Para conseguilo, o proxecto contempla actividades de difusión, acompañamento, asesoramento, formación e investigación, así como a creación dunha rede de comunidades enerxéticas

provincial.

Nestas xornadas estanse a percorrer os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, para dar a coñecer os servizos da oficina e a figura das comunidades enerxéticas, coa misión de facilitar entre a poboación da provincia a transición enerxética, potenciar a autosuficiente enerxética das vilas e aldeas, mellorar a eficiencia enerxética e contribuír a unha transición cara a un modelo de enerxía máis sostible e responsable.


Desde +Renovables acompáñase ás persoas interesadas en crear unha comunidade enerxética, ofrecéndolles un completo asesoramento nas fases de constitución, desenvolvemento e explotación das comunidades enerxéticas. Durante este tempo axúdaselles a deseñar un proxecto de xeración, ben térmico ou eléctrico, para dar cobertura aos participantes na comunidade enerxética, e tamén se presta asesoramento económico sobre créditos e fórmulas de financiación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Placas no teito do pavillón silledense

Dende o Concello de Silleda, a alcaldesa, Paula Fernández, agradece á Deputación esta xornada, lembrando a aposta do municipio que xa está a participar no proxecto EC4Rural, a través do que xa se constituiu a Asociación comunidade enerxética Trasdeza.


A proposta da Deputación de Pontevedra pasa por crear outra entidade na vila silledense, contando ca colaboración do Concello para a instalación de placas solares no pavillón municipal. A cesión de espazos municipais centra a participación dos concellos nas comunidades enerxéticas, unha colaboración “que lamentablemente quedou no aire no caso da primeira comunidade ao non sair adiante no último pleno a participación do Concello, por falta de apoio do resto dos grupos municipais!".






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page