top of page

Silleda acolle o curso de adestrador UEFA C para as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda é dende onte a sede do curso de adestrador UEFA C da Federación Galega de Fútbol, correspondente ás comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. A actividade formativa conta con 22 participantes, dos cales dez son do municipio silledense, e desenvolverase con sesións teóricas presenciais no salón de actos do Concello e sesións prácticas no campo de fútbol municipal de Outeiriño–Joselu Mato.

ree

O curso foi presentado o luns nun acto celebrado na Casa do Concello, no que participaron a alcaldesa, Paula Fernández, o presidente do Comité de Adestradores da Federación Galega de Fútbol, Manuel García, a concelleira de Deportes, Mónica González, así como representantes da Escola de Fútbol de Silleda —Susana González e Noemí Blanco— e da SD Silleda, José Rodríguez e Luis González.


A alcaldesa, Paula Fernández, amosou a súa satisfacción porque “Silleda se converta nun punto de encontro para a formación e profesionalización de novos adestradores”, e quixo agradecer á Federación Galega de Fútbol a confianza por elixir o municipio, así como destacar o traballo conxunto coa Escola e a SD Silleda no fomento do deporte base.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pola súa banda, o presidente do Comité de Adestradores destacou o labor de coordinación e a boa disposición do Concello e dos clubs locais, subliñando que Silleda conta con instalacións idóneas e unha posición estratéxica que facilita o

desenvolvemento deste tipo de cursos.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.
Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A iniciativa, impulsada pola Federación Galega de Fútbol, supón un novo paso na descentralización da formación deportiva en Galicia, ofrecendo títulos oficiais recoñecidos pola UEFA e favorecendo que o alumnado poida compatibilizar a aprendizaxe coa súa actividade diaria.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page