top of page

Silleda acolle este venres a asamblea anual da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno

20 feb 2025
1 min de lectura

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda acollerá este venres día 21 (12:30 horas) a celebración da Asamblea anual ordinaria da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, entidade que aglutina a unha vintena de concellos das 4 provincias galegas e da comarca do Bierzo, en León, para a promoción e dinamización desta ruta dende Ponferrada ata Compostela.

Peregrino.

A cita, á que asistirán representantes municipais de case todos os concellos integrantes, será no Salón de Plenos da Casa do Concello de Silleda, municipio que por primeira vez se convirte en anfitrión desta entidade.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na orde do día da Asamblea figuran cuestións relativas ao funcionamento interno da asociación, como o informe de contas da anualidade de 2024, ou ao Plan de Actuación previsto ata 2027.


Neste senso, ao remate da Asamblea celebrarase tamén unha xornada de traballo dos 4 grupos que forman a dinámica para a elaboración do citado plan de dinamización, e á que foron tamén convidadas as asociacións relacionadas co Camiño de Santiago nas zonas que comprenden a ruta do Camiño de Inverno.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Para Silleda é toda unha honra celebrar no noso territorio esta xuntanza anual, que servirá tamén para promocionar o noso municipio e produtos locais”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page