Silleda acaba os traballos de posta a punto das marquesiñas escolares en máis de 20 rutas
- Laura Moure

- 7 oct
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda vén de concluír os traballos de posta a punto das marquesiñas do transporte escolar, iniciados a principios de setembro, para garantir que estes espazos estean en condicións óptimas de cara ao curso escolar. As actuacións, realizadas polo departamento municipal de Obras e Servizos, incluíron tarefas de limpeza, adecentamento e desbroce dos arredores, así como a revisión do estado xeral das estruturas. Ademais, en determinados puntos acometéronse melloras específicas: no caso da Peroxa, en Lamela, procedeuse á substitución da marquesiña por falta de espazo, recolocándose a anterior en Quintela (Manduas) e outras foron redistribuídas noutras localizacións para optimizar o servizo. Tamén se instalará outra dotación nova en Fiestras, onde xa se preparou a base para a súa dotación.

En total, os traballos abrangueron máis de 20 rutas escolares que dan servizo aos tres centros públicos do municipio: o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, o CEIP Plurilingüe de Silleda e o IES Pintor Colmeiro.
Realización dun inventario
Do mesmo xeito, e aproveitando a realización destas tarefas, dende os servizos municipais en colaboración ca Policía Local elaborouse un inventario sobre todas as paradas e marquesinas, a fin de manter un control sobre o seu estado e actuacións de mantemento.
Publicidade
A concelleira de Educación, Ángela Troitiño, subliña que estas actuacións “son fundamentais para garantir que o alumnado dispoña de espazos seguros e axeitados mentres agarda polo transporte escolar”
A posta a punto das marquesiñas é unha tarefa anual que este ano tamén incluíu substitucións e redistribucións para mellorar a cobertura do servizo.







Comentarios