Silleda abre un proceso urxente para contratar catro auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar
- Laura Moure

- 8 jul 2025
- 1 Min. de lectura
O prazo para presentar as solicitudes será de cinco días naturais contados desde a publicación deste anuncio
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda acaba de abrir un procedemento excepcional de contratación laboral temporal para cubrir catro prazas de auxiliares de axuda no fogar (SAF), debido á imposibilidade de cobertura mediante as actuais bolsas municipais vixentes. O proceso terá carácter urxente e excepcional, e desenvolverase do seguinte xeito: as prazas cubriranse por orde de entrada das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello, sempre que as persoas aspirantes cumpran os requisitos mínimos establecidos.

Publicidade
Entre estes requisitos figuran:
Estar en posesión do Certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Fogar ou equivalente.
Ser maior de idade.
Estar dispoñible de forma inmediata para a contratación.
Dispoñer de medios propios de desprazamento aos domicilios asignados.
Publicidade
O prazo para presentar as solicitudes será de cinco días naturais contados desde a publicación deste anuncio. "Dende o Concello lémbrase que esta contratación ten carácter urxente, temporal e excepcional, polo que non supón dereito de permanencia nin
inclusión en futuras bolsas de emprego. As persoas interesadas poden obter máis información no taboleiro de anuncios do Concello de Silleda ou a través da súa sede electrónica en www.silleda.gal "








Comentarios