top of page

Silleda abordará a aprobación inicial da modificación puntual nº 2 do PXOM

A obxectivo é adaptar o planeamento a necesidades detectadas no territorio


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda levará ao vindeiro Pleno municipal a proposta de aprobación inicial da Modificación Puntual número 2 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), unha actuación técnica orientada a introducir axustes concretos no planeamento vixente como

consecuencia da súa aplicación práctica e das demandas trasladadas pola veciñanza en distintos núcleos do municipio. Esta modificación responde á necesidade de adecuar determinadas aliñacións, viarios, zonas verdes e representacións gráficas a situacións reais do territorio que foron detectadas no uso diario do PXOM, co obxectivo de facilitar a xestión urbanística e dar resposta a cuestións prácticas que afectan á ordenación de diferentes lugares.

A modificación centrase nun total de 9 lugares e céntrase en actuacións puntuais como a adaptación de aliñacións, a regularización de determinados viarios existentes, o axuste de zonas verdes e a actualización de elementos gráficos do planeamento, co obxectivo de incorporar situacións reais consolidadas no territorio e dar resposta a necesidades detectadas no uso diario do PXOM, facilitando unha ordenación máis operativa e acorde coa realidade municipal.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Así pois, En Ponte (Aldea de Abaixo – Sino), Rellas (A Lama) e Siador procédese á eliminación de aliñacións que non se axustaban á realidade existente. En Fiestras (As Ferreiras) e O Castro (O Agriño – O Tellado) incorpóranse novas aliñacións para ordenar adecuadamente o viario. En Graba (Ervixe) axústase e regularízase unha aliñación existente. En Margaride (San Fiz) reorganízase unha zona verde, que non estaba correctamente identificada na documentación. En Silleda actualízase a cartografía incorporando viarios existentes e eliminando outros que non se corresponden coa realidade, e regularaizando alineacións na zona de Outeiro. E en Refoxos procédese á eliminación e traslado de determinados elementos catalogados, co fin de adaptalos á realidade territorial e garantir a súa protección.


Segundo a documentación técnica, trátase dunha modificación de alcance limitado e específico, que non altera o modelo territorial nin a estrutura xeral do PXOM, non supón cambios na clasificación do solo nin incrementos de edificabilidade ou aproveitamentos urbanísticos, mantendo intactos os criterios xerais de desenvolvemento do concello.

, veciñais e deportivas para a anualidade 2026 e as subvencións nominativas.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Unha vez aprobada inicialmente polo Pleno, a modificación someterase a un período de información pública de dous meses, durante o cal o expediente poderá ser consultado pola cidadanía a través da sede electrónica municipal e polos medios legalmente establecidos, abríndose o prazo para a presentación de alegacións.


De forma paralela, solicitaranse os informes sectoriais das distintas administracións competentes conforme á normativa urbanística e ambiental vixente.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Desde o goberno municipal subliñan que esta actuación permite seguir perfeccionando o PXOM de forma gradual, atendendo á realidade do territorio e ás achegas da veciñanza, sen necesidade de acometer unha revisión integral do planeamento.


Subvencións municipais para colectivos

Esta modificación é unha das cuestións que figuran na orde do día da sesión ordinaria do vernes (10:00 horas) xunto coas bases para outorgar as subvencións municipais a entidades culturais.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page