top of page

Sesión de contos a cargo de María da Pontragha hoxe, venres, en San Martiño de Calvos en Arzúa

Forma parte da programación Primavera de cultura 


Ecos da Comarca/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa desenvolvendo os actos incluídos na programación Primavera de cultura que se estenderá ata finais deste mes de maio con propostas para todos os públicos centradas especialmente no fomento da lectura e das Letras Galegas. A próxima cita terá lugar hoxe, venres 9 de maio, cunha nova entrega do programa "As parroquias contan" que chegará ao local social de San Martiño de Calvos cunha sesión de contos a cargo de María da Pontragha e unha posterior chocolatada popular para todas as persoas asistentes. A actividade comezará ás 20:30 horas e a entrada será libre e de balde.

María da Pontragha. Fonte: Facebook da artista.
María da Pontragha. Fonte: Facebook da artista.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ao mesmo tempo, cabe recordar que continúan abertas dúas exposicións que se poderán visitar aínda nas vindeiras semanas. Por unha banda, a Capela da Madanela acolle a exposición do XVIII Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica da Deputación da Coruña ata o 20 de maio visitable de martes a sábados en horario de 18:30 a 20:30 horas. E, por outra, continúa a exposición de fotografía de Bruno Lernout ubicada agora no primeiro andar da Casa de Correos aberta todos os días de 17:00 a 20:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O concelleiro de cultura, José Luís García, anima “a todas as persoas a participar nestas iniciativas, tanto na vila como nas parroquias, como síntoma da boa saúde que ten a programación cultural no noso concello”.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page