top of page

Sedexpo medra e une as propostas de 387 firmas cun programa sobre seguridade, defensa e emerxencias

A III Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2025, comeza hoxe, mércores no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda


Laura Moure/Silleda

A III Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2025, comeza hoxe, mércores no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra). E faio medrando respecto a as súas dúas edicións anteriores tanto en expositores como en superficie,ademais de marcar a diferenza polo carácter dinámico da súa exposición e o altonivel das súas actividades.


En canto á súa área expositiva, contará con 387 firmas de 38 países, un 71% máis que na pasada convocatoria, celebrada en 2023. Estas estarán representadas por99 expositores presentes directamente na feira, un 19,2% máis que entón, as cales proceden de oito países como son España, Portugal, Alemaña, Francia, Países Baixos, Paquistán, República Checa e México. Estas empresas e entidades ocupan unha superficie neta de 4.016 metros cadrados, un 11% máis que en 2023.


Esta exposición, na que terán maior desenvolvemento os ámbitos de seguridade e emerxencias, mostrará equipamento e sistemas de seguridade pública e privada,material para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Protección Civil e Emerxencias; equipos de protección individual, tecnoloxía aplicada, ferramentas deciberseguridade, análise e intelixencia; solucións de prevención de riscos laborais,equipos de emerxencias, dispositivos de detección e extinción de incendios, robótica, aeronáutica, simulación e servizos de enxeñería, entre outros. Esta edición conta de novo coa o apoio dunha vintena de colectivos, entidades e departamentos da Xunta de Galicia e da Administración Central.

Sorprendentes simulacros e demostracións

En canto ao programa de actividades de Sedexpo 2025, destacará tanto pola categoría das súas xornadas como polas súas magníficas demostracións e simulacros. Estes últimos permitirán comprobar in situ as funcionalidades deprodutos e sistemas que noutras feiras soamente poden verse de forma estática, mentres que os simulacros mostrarán as capacidades e labor de distintas entidades de emerxencias e de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.


En canto a demostracións haberá algunhas centradas en simuladores, entre eles de emerxencias e evacuación para traballar a prevención activa do persoal aerotransportado ou de prácticas extremas de alto estrés en tiro que permite que as forzas da orde e de seguridade se adestren en escenarios dinámicos baseados en IA. Ademais, haberá exhibicións de sistemas de ciberseguridade, drons, maquinaria ou compostos de fibra que absorben derrames de hidrocarburos en auga e en terra.


Respecto aos simulacros, serán espectaculares, como o rescate que realizará Gardacostas de Galicia e a Unidade de Policía Adscrita de Galicia (UPA Galicia) no lago do recinto, e o protagonizado pola Garda Civil, consistente na resposta coordinada de varias unidades a unha ameaza terrorista Tamén o será respecto a incendios forestais a da Unidade Batracio Ancares, composta por tractor, cisterna trituradora multifunción e polidozer, e que realizará, unha “Manobra de protección de infraestruturas (Defensa Interface), no marco do work-shop Fire Res. Aínda se sumarán outras como a exhibición da Unidade Canina da Policía Local de Sabadell ou o simulacro multidisciplinar xestionado en Posto de Mando Avanzado (PMA) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) mediante método GOM (Xestión Operativo de Mando) e presentación do sistema de dron cativo e comunicación multiplataforma desde PMA, organizado pola Xunta de Galicia.


Ademais, levaranse a cabo obradoiros, como o de soporte vital básico e desfibrilación automática, organizado por Fundación pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Más de 50 conferencias de gran nivel

En canto ás xornadas, outro dos sinais de identidade da feira, serán máis de trinta e incluirán máis de 50 conferencias impartidas por un centenar de expertos. Están programadas xornadas de seguridade sobre temas como a rede de laboratorios e centros demostradores para a investigación e innovación en solucións de ciberseguridade en Galicia, desminado humanitario no Sáhara, necesidades e problemas no desenvolvemento dos servizos de seguridade, futuro da seguridade privada, ciberseguridade ou coordinación e dirección de operacións de loita contra o narcotráfico en espazos marítimos. En emerxencias analizaranse aspectos como a resposta ante a contaminación mariña accidental en Galicia: o plan Camgal e o servizo público de Gardacostas de Galicia, plans de emerxencias dos encoros, comunicacións en situacións de emerxencia e a tecnoloxía E-Alert, presentación do dispositivo enviado por Galicia na Dana de Valencia, que é e que fai unha AVPC (Agrupación de Voluntarios de Protección Civil), a unidade de drons da UME (Unidade Militar de Emerxencias) ou o work-shop e simposio Fire Res, centrados en “Interface Rural” e “Incendios forestais extremos”.


Así mesmo, o sector aeroespacial e de drons terá gran protagonismo expoñendo aspectos como o cerebro detrás dos drons: control e análise en tempo real, presente e futuro dos drons, o despegamento da Galicia aeroespacial, BFAero: impulsando o futuro da industria aeroespacial, o dron como resposta á ameaza terrorista ou drons e escoltas: o futuro da protección persoal e a seguridade.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page